lunes, 23 de abril de 2007

Copernic e CiteSeer

Dous exemplos típicos de axentes de búsqueda non cooperativos son Copernic e Citeseer.

Copernic é un axente de busca que transfire unha ecuación a un conxunto de buscadores de maneira simultánea, recupera as referencias pertinentes e ordeaas según o grao medio de relevancia obtido de cada un dos buscadores. Púxose ó alcance do público en 1998 e dende entón lanzáronse versións con elementos novos, aínda que a maioría somente están disponibeis nas edicións comerciais.
Copernic Basic, a edición libre, permite consultar simultaneamente cerca de 80 buscadores importantes agrupados en sete categorías: “O web” máis unha categoría opcional relacionada cun idioma ou un país, “Grupos de noticias”, “Direccións de correo electrónico”, “Compra de libros”, “Compra de hardware” e “Compra de software”. A pesar de ser a edición reducida dun programa comercial, ofrece tantas ou máis posibilidades que as versións completas doutros buscadores múltiples como Lexibot, NetAttaché Pro o Internet EZ Search.
Copernic Plus, a edición comercial máis económica, permite acceder a máis de 1.000 fontes de información agrupadas en 90 categorías de busca especializada, algunhas das cales son bastante irrelevantes; algúns exemplos: “Enciclopedias”, “Saúde”, “Multimedia”, “Ciencias”, “Negocios e finanzas”, “Descarga de software”, “Cine”, “Artículos sobre as tecnoloxías”, “Música”, etc.
Copernic Pro, a edición comercial más completa, ofrece, ademais, outras prestacións interesantes: actualización de buscas programadas, servicio de alerta e verificador ortográfico das buscas.

CiteSeer é un buscador orientado á localización e recuperación de artículos científicos provintes de diversas fontes, como poden ser revistas técnicas ou as actas de congresos. Parsealle as referencias a un artículo, identifica as que se dirixen a un mesmo documento, aínda que estén escritas de forma diferente e identifica o contexto da cita dentro do artigo. Preténdese dar unha visión global sobre o tema buscado. CiteSeer localiza os artículos por palabras clave ou por referencias a estes e outros artigos que traten temas similares.

No hay comentarios: