A interface usual de Letizia consta en tres ventás de Netscape. O usuario pode escoller continuar a súa navegación nas páxinas seleccionadas por el ou ben acoller, en calquera momento, as suxerencias de Letizia. Letizia recoñece cal é a ventá actualmente utilizada polo cliente, e ocupa tan só as ventás que el non utiliza. Aceptar unha suxerencia desde Letizia consiste simplemente en conectarse á ventá que contén unha páxina recomendada por Letizia, e continuar navegando. O usuario pode, por suposto, colocar páxinas recomendadas nunha hotlist ou doutra maneira, como o fai de costume en Netscape. Letizia non está limitada a esta configuración de tres ventás. Na práctica, unha maneira menos molesta de utilizar Letizia é simplemente con dúas ventás, unha ventá de usuario e unha para Letizia.
En axentes autónomos como Letizia a revisión da Web tanto navegando como buscando información é reemplazada por unha revisión da Web navegando como unha actividade en tempo real. A meta non é de ningún modo obter unha "mellor resposta", senón facer o mellor uso posible do recurso máis limitado e valioso: a atención do usuario.
Tendo un axente en funcionamento continuo significa que o axente pode ser máis audaz nas súas recomendacións ó usuario. Non necesita sacar unha conclusión perfecta con respecto a que documento responde mellor ó interese do usuario, xa que é probable que consiga algo mellor nalgún momento do futuro, si o usuario continua a navegar en áreas conexas. Por contraste, un motor tradicional de busca debe traballar moi duro para lograr o resultado máis preciso posible e cumprir o pedido do usuario, porque unha vez que xerou unha resposta, nunca consegue outra oportunidade.
Outro exemplo de axentes de filtrado é o Tapestry. É un sistema de filtrado de documentos de correo electrónico, feito para soportar filtracion colaborativa. Filtra mensaxes basándose en anotacións ou en quen as respondeu. A arquitectura do trapestry inclúe un indexador de documentos, un depósito de documentos e un depósito de filtros(definidos polo usuario). A pesar de non ser creado para grupos de noticias, permite a filtración de toda información de entrada.
http://www2.ing.puc.cl/~dcolle/publicaciones/agentes/agentes2.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario