miércoles, 16 de mayo de 2007

Comercio electrónico

O comercio elecrónico é outra área de gran crecemento dentro de Internet onde se utilizan os axente intelixentes. Os compradores necesitan encontrar vendedores de productos e servizos, necesitan información dos productos (incluindo especificacións técnicas, gama de configuracións, etc) que solucionen os seus problemas, e tamén precisarán de consello experto tanto antes da compra como despois, durante o soporte. Os vendedores necesitan atopar compradores e terán que proporcionar consello experto sobre os productos ou servizos ó igual que soporte e servizo ó cliente. Ambos, compradores e vendedores, necesitan automatizar o manexo das súas transaccións comerciais. Todas estas actividades comerciais que se realizan en Internet englóbanse dentro do que se chama e-commerce (comercio electrónico). O comercio electrónico pódese definir como o intercambio comercial de valor (productos, servizos e información) no que algunhas ou todas as fases desenvólvense a través de Internet. Os axentes intelixentes poden axudar no comercio electrónico de varias maneiras (Chavez 1996, Camacho 2001, Carbó 2001). Poden ir de compras para un usuario, coller as especificacións do que se desexa e devolverllas con recomendacións de posibles compras, etc. (Carbó, 2000). Poden tamén servir de vendedores proporcionando servizos, e axudar cos posibles problemas que teñan os clientes.

Os axentes de búsqueda de productos, comparación de prezos, ofertas, etc., son os primeiros exemplos de aplicacións para comercio electrónico, enfocadas como asistentes para a toma de decisións do comprador individual. Outra área activa no comercio electrónico son os robots de subastas (auction bots), axentes que poden participar en subastas on-line de certos productos. Exemplos conocidos son o sistema Kasbah (Chavez 1996), no que o usuario vendedor establece o seu criterio para os axentes vendedores: data desexada, prezo desexado, prezo mínimo, etc., de modo que os axentes comezan por ofertar o prezo desexado e despois vaise reducindo ata o prezo mínimo, con certas funcións matemáticas. Do mesmo modo, os axentes compradores empregan estratexias de oferta con certos criterios e preferencias preestablecidos. Existe un producto similar a Kasbah desenvolto en España, Spanish Fishmarket que está basado no mercado real de peixe que se desenvolve na cidade de Blanes. Os axentes de subastas electrónicas operan nun entorno, o mercado (marketplace), que xestiona um número determinado de subastas simultáneas, poñendo em contacto ós axentes vendedores e compradores. Distínguense as transaccións individuales entre consumidores (C2C, Consumer to Consumer) e as que supoñen contacto de empresas con consumidores (B2C, Business to Consumer). O exemplo máis coñecido de estos entorno é eBay, que ten ata um 60% do valor total de ventas realizadas deste modo.
AGENTES Y SUSTEMAS MULTIAGENTE. José M. Molina López, Jesús García Herrero y Ana Mª Bernardos Barbolla

lunes, 14 de mayo de 2007

Axentes de escritorio - UltraHal

Converteuse en algo común para os usuarios o traballar con varias aplicacións nos seus escritorios. A falta de comunicación entre estas aplicacións, moitas veces desemboca en erros na entrada de datos, combinacións de tecla compricadas, cortar e pegar entre aplicacións, aprender novas interfaces de usuario, largas chamadas e clientes frustrados.

Como solución a este problema xurden os axentes de escritorio.

Este tipo de axentes (desktop agents) residen nos PC ou estacións de traballo e execútanse localmente no sistema operativo de traballo. O denominador común é que crean un modelo do usuario que recolle as súas preferencias na utilización da máquina, de forma que permiten a delegación da toma de decisións do usuario neles. Existen axentes de sistema operativo, que realizan tarefas que precisan interacción do usuario co sistema operativo, e axentes de aplicacións específicas, que executan tarefas de usuario en representación deste. Por exemplo, Windows crea as aplicacións “System Agent”, para as súas diferentes versións de sistema operativo, que son aplicacións en background que lle lanzan tarefas ó sistema operativo delegadas polo usuario. Por exemplo, algunhas tarefas automatizadas por estes axentes son a configuración automática de interfaces en certas sesións interactivas, mantemento do disco duro, limpeza de directorios compresión automática, ventás de axuda lanzadas de forma proactiva, etc. Do mesmo xeito, existen axentes para aplicacións específicas, coñecidas popularmente como “wizards”, que proporcionan axuda orientada a certas tarefas utilizando a metáfora do diálogo. Podemos mencionar Lotus SmartAssistant, MacOS Expert, el Clip de Word, etc.

As aplicacións de correo electrónico tamén foron evolucionando para mellorar a súa utilización polos usuarios e tamén é unha área onde se introduciron axentes intelixentes para automaticamente organizar o correo electrónico, mediante regras inferidas do comportamento e patróns do usuario. Un exemplo é o sistema MAXIMS (Maes 1994).

UltraHal: un secretario no escritorio de Windows

"UltraHal Assistant", fabricado por Zabaware Inc., pretende ser un secretario virtual, que se encarga do manexo da súa axenda, lembrándolle (verbalmente) os seus compromisos e co cal pode chegar a entablar un diálogo, por certo intrascendente (i en inglés) ... e onde pronto se dará conta de que non é moi intelixente.
Máis especificamente, ofrece manexo de "chat", asistencia á navegación por web, manexo de direccións e compromisos, control vocal do computador (p.ex. para lanzar aplicacións) e dixitalización automática ou oral de números de teléfono.

Aínda que pretende inspirarse no famoso computador Hal do filme "2001 Odisea del Espacio", no lle chega nin ós talóns e, na súa opción de diálogo, é tan só unha versión mellorada do famoso "Elisa", o primeiro programa de diálogo supostamente basado en Intelixencia Artificial (o que se basaba só no recoñecemento de palabras claves e nunha lista de frases asociadas a elas). Pode ser entretido -por un momento- xogar ó xogo do diálogo pero, por certo, algúns apreciarán máis a UltraHal como manexador de axenda, especialmente os olvidadizos.




sábado, 5 de mayo de 2007

Axentes de bases de datos - BOOKWHERE

Tratáse doutro tipo de axente de busca. As bases de datos neste sistema pasan a ser axentes activos que interactúan entre si. Cada base de datos dispón dun axente que sabe como presentarlle de forma adecuada as subconsultas á súa base de datos, coñecendo á súa vez o tipo de información que se almacena nela. Os axentes de bases de datos están organizados nun sistema federado, tendo moita información doutros axentes que compoñen o mesmo sistema, pero moi pouca daqueles que están noutras federacións.

Cando o axente primario (ou facilitador) recibe unha consulta, asigna as subconsultas a aqueles axentes da súa propia federación que el sabe que as satisfarán de forma adecuada. Se algunha subconsulta non pode ser respostada, o axente primario enviaraa a outras federacións, comunicarase cos seus axentes primarios e decidirán a que axente encargarlla para que a resolva.

Un exemplo deste tipo de axente podémolo atopar en:

BOOKWHERE v 4.2.0

Non consulta motores de procura en Internet, senon que consulta bases de datos de catálogos de bibliotecas. É utilizado na actualidade por milleiros de bibliotecarios e de investigadores.
BookWhere permite que os usuarios busquen de maneira simultánea en centenares de bases de datos dispares de información vía protocolo Z39.50. É capaz de realizar consultas simultáneas a numerosos catálogos, filtrando e presentando os rexistros bibliográficos ao usuario.

Características:
  • AutoSync - Constrúe unha lista automatizada de bases de datos consultables.
  • MARC Notepad - Opción para corrixir expedientes -MARC.

http://www.elprofesionaldelainformacion.com/contenidos/1999/abril/agentes_inteligentes_definicion_y_tipologia_los_agentes_de_informacion.html
http://personales.upv.es/ccarrasc/doc/2003-2004/WebSemAg/AGENTES.HTM#queryn