lunes, 30 de abril de 2007

Axentes de monitorización

O axente Do-I-Care é un claro exemplo de axente de monitorización, que emprega técnicas de “machine learning” para detectar cambios “interesantes” naquelas páxinas Web que foron clasificadas polo ususario, previamente, como relevantes. Debido a que este axente se centra en cambios de páxinas coñecidas, en lugar de descubrir novas páxinas, increméntase a probabilidade de que a información encontrada vaia ser interesante.
A precisión do axente tanto para encontrar cambios relevantes, como no seu proceso de aprendizaxe, mellora aproveitándose de que as páxinas usualmente son modificadas seguindo uns patróns regulares. Ademais, estos axentes poden colaborar entre si encadeándose e propagandolle información significativa ós axentes doutros usuarios.
Para levar a cabo a súa actividade, o axente Do-I-Care debe realizar as seguintes actividades:
  • Visitar periódicamente unha lista de páxinas definida polo usuario.
  • Identificar calquera cambio dende a última vez que a visitou.
  • Decidir se os cambios eran interesantes
  • Notificar ó usuario se o cambio era interesante.
  • Aceptar a rexeneración de importancia no interestingness do cambio e da puntualidade da notificación.
  • Facilitar, compartir a colaboración da información entre os individuos e os grupos.

Como poden ser interesantes diversas páxinas, por diversas razóns, os usuarios poden manter os axentes múltiples do Do-I-Care especializados en asuntos ou clases particulares de páxinas Web.
Unha vez que un axente detecte un cambio interesante, notifícallo ó usuario cun E-mail, e o cambio engádese á Web asociada ó axente. Esta páxina Web tamén se utiliza para a rexeneración e a actividade de colaboración.

No hay comentarios: