Trátase dun tipo de axente de busca. É un sistema de axentes orientados á consulta que orixina un ou máis axentes en reposta á pregunta formulada polo usuario. Estes axentes traballan en representación do individuo mentres dure a consulta, recollendo información de tódalas bases de datos dispoñibles. Cando unha persoa realiza unha pregunta, esta vaise descompoñer en subconsultas para a súa resolución. Se os axentes existentes son incapaces de dar unha resposta en toda a súa amplitude, xéranse novos axentes que buscarán noutras bases de datos. Se aínda así a resposta non é bastante amplia, crearanse novos axentes ata poder ofrecer a resposta adecuada.
A calidade da resposta a unha determinada consulta, básase en dous parámetros :
- precisión: mide a relación que hai entre os documentos relevantes para a consulta e o total de documentos que devolve a mesma.
- recall: mide a relación entre o total de documentos e o total de documentos relevantes devoltos.
Estos parámetros son inversamente proporcionais, polo tanto, débese intentar conseguir un equilibrio entre os dous, fin que é bastante complicado de conseguir cos motores de busca actuais.
As vantaxes que deberían proporcionar este tipo de axentes son as seguintes:
- Facilidade de uso
- Aumento da precisión da busca
- Reducción da sobrecarga que xeran os procesos de busca na Web.
Mata Hari: non é só un axente de consulta, e tamén un axente intelixente de búsqueda no WWW e un axente local á vez. Funcionará dunha forma ou outra dependendo da utilidade que cada usuario lle dexese asignar.
http://www.elprofesionaldelainformacion.com/contenidos/1999/abril/agentes_inteligentes_definicion_y_tipologia_los_agentes_de_informacion.html
http://www.thewebtools.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario