viernes, 23 de marzo de 2007

Axentes de información

Un axente é un compoñente software e/ou hardware que é capaz de executar tarefas en beneficio do usuario. De forma máis específica un axente é un sistema de hardware/software que interactúa co seu entorno(ou outros axentes ou humanos), guiado por un ou varios propósitos, é proactivo(reacciona a eventos e ás veces anticípase facendo propostas), adaptable (pode afrontar situacións novedosas), sociable(comunícase, coopera ou negocia) e o seu comportamento é predecible en certo contexto.

Un axente de información é un axente software que ten acceso a múltiples fontes de información heteroxéneas, xeográficamente distribuidas. Intentan resolver os problemas asociados ó manexo de información en Internet. Hai varias clasificacións para os axentes de información, dependendo do criterio en que nos basemos para levalas a cabo. A primeira das clasificacións toma como criterio o ámbito de actuación dos axentes, e sería a seguinte:
  • Axentes de escritorio: Encárganse das tarefas habituais no manexo cotidiano dun ordenador. Dependendo do tipo de sw ó que sirvan pódense distinguir entre axentes de sistema operativo ou de aplicacións.
  • Axentes intranet: Operan nunha rede local, facilitando o uso da rede e a compartición de información e cooperatividade entre usuarios. Dentro destes están englobados os axentes de bases de datos, de axuda colaborativa…
  • Axentes internet : Teñen Internet como ámbito de traballo, dentro deles están os axentes de busca, de recuperación de información, axentes móbiles…

Unha segunda clasificación, pode ser atendendo ás características que poseen como axentes. Estas clases non son exclusivas, é decir, un axente pode pertencer a máis dunha ó mesmo tempo:

  • Axentes cooperativos / no-cooperativos: Serán dun tipo ou doutro dependendo da habilidade que teñan para cooperar entre eles na execución das tarefas.
  • Axentes adaptativos: Son capaces de adaptarse ós cambios que se producen nas redes e na información que se atopa nelas. Un exemplo claro serían os asistentes persoais para a aprendizaxe na Web.
  • Axentes racionais: Son capaces de actuar por sí mesmos ou de colaborar para incrementar o seu propio beneficio. Este tipo de axentes aplícanse normalmente no comercio electrónico en Internet.
  • Axentes móbiles: Son capaces de viaxar de forma autónoma a través de Internet, permiten balanceo de carga en redes de gran escala, ou reducir a transferencia de datos entre servidores de información.

A última clasificación divide os axentes según a función que levan a cabo:

  • Axentes de busca: Buscan, recuperan e almacenan información como se foran xestores de bases de información e documentación. Un exemplo de utilización destes axentes serían Copernic, CiteSeer, BargainFinder, Kasbah..
  • Axentes de filtrado: Estes axentes utilízanse para disminuír a sobreabundancia de información mediante o borrado de datos non desexados. Como exemplo de uso destes axentes pódese destacer Letizia, Tapestry System..
  • Axentes de monitorización: Proporciónanlle información ó usuario cando sucede un acontecemento determinado, como cando se actualizan datos, se cambian de sitio ou se borran. Por exemplo, Do-I-Care, SmartBookmarks…

http://websemanticayagentes.blogspot.com/