miércoles, 16 de mayo de 2007

Comercio electrónico

O comercio elecrónico é outra área de gran crecemento dentro de Internet onde se utilizan os axente intelixentes. Os compradores necesitan encontrar vendedores de productos e servizos, necesitan información dos productos (incluindo especificacións técnicas, gama de configuracións, etc) que solucionen os seus problemas, e tamén precisarán de consello experto tanto antes da compra como despois, durante o soporte. Os vendedores necesitan atopar compradores e terán que proporcionar consello experto sobre os productos ou servizos ó igual que soporte e servizo ó cliente. Ambos, compradores e vendedores, necesitan automatizar o manexo das súas transaccións comerciais. Todas estas actividades comerciais que se realizan en Internet englóbanse dentro do que se chama e-commerce (comercio electrónico). O comercio electrónico pódese definir como o intercambio comercial de valor (productos, servizos e información) no que algunhas ou todas as fases desenvólvense a través de Internet. Os axentes intelixentes poden axudar no comercio electrónico de varias maneiras (Chavez 1996, Camacho 2001, Carbó 2001). Poden ir de compras para un usuario, coller as especificacións do que se desexa e devolverllas con recomendacións de posibles compras, etc. (Carbó, 2000). Poden tamén servir de vendedores proporcionando servizos, e axudar cos posibles problemas que teñan os clientes.

Os axentes de búsqueda de productos, comparación de prezos, ofertas, etc., son os primeiros exemplos de aplicacións para comercio electrónico, enfocadas como asistentes para a toma de decisións do comprador individual. Outra área activa no comercio electrónico son os robots de subastas (auction bots), axentes que poden participar en subastas on-line de certos productos. Exemplos conocidos son o sistema Kasbah (Chavez 1996), no que o usuario vendedor establece o seu criterio para os axentes vendedores: data desexada, prezo desexado, prezo mínimo, etc., de modo que os axentes comezan por ofertar o prezo desexado e despois vaise reducindo ata o prezo mínimo, con certas funcións matemáticas. Do mesmo modo, os axentes compradores empregan estratexias de oferta con certos criterios e preferencias preestablecidos. Existe un producto similar a Kasbah desenvolto en España, Spanish Fishmarket que está basado no mercado real de peixe que se desenvolve na cidade de Blanes. Os axentes de subastas electrónicas operan nun entorno, o mercado (marketplace), que xestiona um número determinado de subastas simultáneas, poñendo em contacto ós axentes vendedores e compradores. Distínguense as transaccións individuales entre consumidores (C2C, Consumer to Consumer) e as que supoñen contacto de empresas con consumidores (B2C, Business to Consumer). O exemplo máis coñecido de estos entorno é eBay, que ten ata um 60% do valor total de ventas realizadas deste modo.
AGENTES Y SUSTEMAS MULTIAGENTE. José M. Molina López, Jesús García Herrero y Ana Mª Bernardos Barbolla

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Câmera Digital, I hope you enjoy. The address is http://camera-fotografica-digital.blogspot.com. A hug.