lunes, 14 de mayo de 2007

Axentes de escritorio - UltraHal

Converteuse en algo común para os usuarios o traballar con varias aplicacións nos seus escritorios. A falta de comunicación entre estas aplicacións, moitas veces desemboca en erros na entrada de datos, combinacións de tecla compricadas, cortar e pegar entre aplicacións, aprender novas interfaces de usuario, largas chamadas e clientes frustrados.

Como solución a este problema xurden os axentes de escritorio.

Este tipo de axentes (desktop agents) residen nos PC ou estacións de traballo e execútanse localmente no sistema operativo de traballo. O denominador común é que crean un modelo do usuario que recolle as súas preferencias na utilización da máquina, de forma que permiten a delegación da toma de decisións do usuario neles. Existen axentes de sistema operativo, que realizan tarefas que precisan interacción do usuario co sistema operativo, e axentes de aplicacións específicas, que executan tarefas de usuario en representación deste. Por exemplo, Windows crea as aplicacións “System Agent”, para as súas diferentes versións de sistema operativo, que son aplicacións en background que lle lanzan tarefas ó sistema operativo delegadas polo usuario. Por exemplo, algunhas tarefas automatizadas por estes axentes son a configuración automática de interfaces en certas sesións interactivas, mantemento do disco duro, limpeza de directorios compresión automática, ventás de axuda lanzadas de forma proactiva, etc. Do mesmo xeito, existen axentes para aplicacións específicas, coñecidas popularmente como “wizards”, que proporcionan axuda orientada a certas tarefas utilizando a metáfora do diálogo. Podemos mencionar Lotus SmartAssistant, MacOS Expert, el Clip de Word, etc.

As aplicacións de correo electrónico tamén foron evolucionando para mellorar a súa utilización polos usuarios e tamén é unha área onde se introduciron axentes intelixentes para automaticamente organizar o correo electrónico, mediante regras inferidas do comportamento e patróns do usuario. Un exemplo é o sistema MAXIMS (Maes 1994).

UltraHal: un secretario no escritorio de Windows

"UltraHal Assistant", fabricado por Zabaware Inc., pretende ser un secretario virtual, que se encarga do manexo da súa axenda, lembrándolle (verbalmente) os seus compromisos e co cal pode chegar a entablar un diálogo, por certo intrascendente (i en inglés) ... e onde pronto se dará conta de que non é moi intelixente.
Máis especificamente, ofrece manexo de "chat", asistencia á navegación por web, manexo de direccións e compromisos, control vocal do computador (p.ex. para lanzar aplicacións) e dixitalización automática ou oral de números de teléfono.

Aínda que pretende inspirarse no famoso computador Hal do filme "2001 Odisea del Espacio", no lle chega nin ós talóns e, na súa opción de diálogo, é tan só unha versión mellorada do famoso "Elisa", o primeiro programa de diálogo supostamente basado en Intelixencia Artificial (o que se basaba só no recoñecemento de palabras claves e nunha lista de frases asociadas a elas). Pode ser entretido -por un momento- xogar ó xogo do diálogo pero, por certo, algúns apreciarán máis a UltraHal como manexador de axenda, especialmente os olvidadizos.




No hay comentarios: